O GRUPO DE TEATRO "RUEIRO" REPRESENTA A OBRA "A LOTERIA"
O Grupo de Teatro "Rueiro" estreou a obra "A Loterìa" no salón de Actos da Parroquia do Cristo da Victoria e está a representarla por diversos lugares de Galiza. Na galería de imaxes tedes algunhas esceas da obra.
REPRESENTOUSE "LONGA VIDA A MARTIÑO DE GUIMIL"
Cunha boa asistencia de público tivo lugar a representación de "Longa vida a Martiño de Guimil". Foi representada polo Grupo de Teatro "Escoitade" de Valladares. O director do grupo, Doro Piñeiro, era tamen o autor da obra. Ö remate da representación o director de "Rueiro" entregou un agasallo ó director do grupo. Podedes ver algunhas fotos da representación
na galería de imáxenes.
"RUEIRO INVITAVÓS Ó TEATRO
A REPRESENTACIÓN SERÁ O SÁBADO 12 DE DECEMBRO NO SALÓN DE ACTOS DA PARROQUIA CRISTO DA VICTORIA DE COIA (R/BAIONA, 9 )[ Máis ]
MAGOSTO NO PARQUE DA BOUZA
Como todos os anos o noso barrio celebra a Festa do Magosto aproveitando para berrar: "Co magosto o Centro Cultural, xa! xa! xa!"
A festa será o sábado 14 de novembro a partires das 17.00 h no parque de A Bouza (entre o estanque e o parque infantil) e nela poderemos disfrutar de castañas e de viño novo, ademais das actuacións dos grupos Follas Novas de Guizán (Mos) e Ruada de Torroso (Mos).
O noso Centro Cultural participan nesta festa con outras asociacions do barrio.

ACTUACIÓN DE PÁPRIKA TEATRO
O grupo Páprika Teatro actuou para o noso Centro Cultural na tarde do sábado[ Máis ]
PROXIMA ACTUACIÓN TEATRAL
O Centro Cultural Rueiro ofrece a todolos públicos e sobre todo @s nen@s unha actuación de títeres a cargo do Grupo Paprika dentro do Ciclo de Teatro por Barrios "Vente con nos" do Concello. Será o sábado 7 ás 6,30 da tarde no salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria (Baiona, 9 - COIA)
SENDEIRISMO CON "RUEIRO": A SENDA DO EIFONSO
Pese a que o sol non quiso acompañarnos e deixaba caer unhas gotas de chuviña emprendimos a marcha despois dun reconfortante cafe en Beade. A pouca distancia de Beade, na estrada de "Ben Vivere" (Benvrive), o pe da Ponte do Rio Eifonso, atopamos o sendeiro. Foron 3 km. 700 metros de pronunciada subida que fixemos nun "santiamén" deixando para a volta o paseo mais contemplativo. Nas fotos podedes comprobar que atopamos ricos cogumelos, castañas, fervenzas, muiños... e que acompañounos o murmullo do Eifonso en todo momento. A renovada Senda do Eifonso remata nas ruinas do poblado de Ben Vivere, pero aínda podese seguir pola senda antigua un pouquiño mais ata o Parque Forestal de Beade. Pero nos por esta vez fomos ata él nos coches.
Un 9,5 por non decir un 10 para este día de Sendeirismo con "Rueiro" 


SENDEIRISMO
Hoxe faremos unha ruta de sendeirismo. Xa comentaremos a experiencia.
Estamos a preparar un blog
En poucos días poñeremos na rede unha información mais ampla das nosas actividades. Graciñas por visitarnos.